POBRA, DAVID

David Pobra, personaxe creado por David Pérez González (A Pobra do Caramiñal, 1981) é licenciado en Filoloxía galega e hispánica e traballou tamén como actor ou mascota virtual. Na actualidade imparte aulas de galego na Universidade de Granada. No eido cultural, colabora na edición da revista Dorna e mais en Estaleiro Editora. Liña Azul é a súa primeira novela, gañadora do IV Premio de Novela Curta «Cidade Centenaria de Riveira». Como poeta foi premiado por libros como: Poesía primeira de amor, desamor e arrefriado (2008) e Poesía segunda de amor, desamor e sinusite (2009). Tamén conta con relatos publicados en antoloxías como Contos en Viana (2003), ou 17 letras sen día (2011).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: